Actividade sesión compartida

Para a proposta de actividade relacionada ca sesión compartida de Ana e Luz, baseareime nun dos recursos que nos ofreceu Luz e que está relacionada ca igualdade de xénero, para desenvolver unha sesión de titoría de concienciación sobre esta temática nos adolescentes, xa que é un tema que considero moi importante nos tempos que corren. É necesario actuar sobre os xoves para cambiar a situación da muller na sociedade hoxe en día, conseguindo así unha igualdade real

O vídeo recurso que collerei como base de Luz é o seguinte:


Introducindo a temática con este vídeo, farémoslles reflexionar sobre os prexuízos e estereotipos que se teñen con respecto ás profesións e aos xéneros. Canto antes cambiemos estes xeitos de pensar na mocidade, antes se conseguirá un cambio cuantitativo nas actitudes cara ás mulleres e, sobre todo, conseguiremos unha igualdade en tódolos ámbitos, incluído o profesional, rematando dunha vez por todas ca brecha salarial. 

A actividade que propoño despois do visionado deste vídeo chamarase "Who does what?". Presentarase unha ficha na que haberá unha serie de actividades cotiás, e o alumnado deberá determinar quen fai esas actividades no seu núcleo familiar (o mesmo alumno, a nai, o pai, a irmá...). Algunhas das actividades que se especificarán serán as seguintes:

1. Do the week's shopping. 
2. Do the daily cooking.
3. Wash the dishes.
4. Take out the garbage. 
5. Do the ironing. 
6. Make the bed. 
7. Decorate the house.
8. Clean the dust. 
9. Set the table.
10. Watch films. 
11. Sweep the floor. 
12. Do the laundry. 
13. Fix faucets. 
14. Fix light bulbs.
15. Go to school meetings. 
16. Take care of the children. 
17. Stay at home when one of the children is ill.
18. Read the newspaper.
19. Make the car maintenance. 
20. Watch the TV news.
21. Make the money accounts.
22. Use the computer.

Despois de que cada un deles especifique a resposta, faremos unha gráfica cos datos e analizaremos os resultados finais da clase proxectándoos no taboleiro. A continuación, propoñeranse unha serie de preguntas para facerlles pensar nesta situación e, do mesmo xeito, practicarán a destreza oral en parellas para despois poñelo en común ante toda a clase:

- Who does the most of these activities?
- Do you think that the work is well distributed?
- Do women and men do the same amount of work?
- Do you think this situation is fair?
- How can we change this situation and make things equalized for women and men?


Deste xeito e con esta actividade, traballaremos na titoría un tema importantísimo na nosa sociedade hoxe en día ao mesmo tempo que practicamos a lingua estranxeira con tarefas cotiás que se realizan día a día. Esta actividade estaría programada para o curso de 4º da ESO. É xustamente unha das idades máis complicadas debido a que comezan a ter relacións interpersoais entre eles e cómpre que estean concienciados desta situación canto antes, xa que probablemente repitan un patrón equivocado que ven no seu núcleo familiar.  

Comentarios

  1. Moi boa explotación do vídeo. Aproveitando que presentas os resultados en forma de gráfico, tamén traballas a competencia matemática!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares