Ana. Reflexión 6ª sesión

Nesta sesión con Ana, como xa rematamos de traballar todas as 4 destrezas lingüísticas que se coñecen a grandes rasgos hoxe en día para aprender unha lingua estranxeira, adícamonos a traballar ca explotación dos libros de texto. Temos a idea preconcebida na cabeza que como docentes é obrigatorio empregar o libro de texto como guion para as nosas clases e que hai que seguir e facer todos e cada un dos exercicios e actividades ao pé da letra como indican. E nada máis lonxe da realidade. 

Ana abriunos totalmente os ollos cara a un un mundo inacabable de oportunidades e opcións diferentes, divertidas e motivadoras para non caer no continuo tedio de moitas destas actividades que recollen os libros de texto que se empregan hoxe en día nos centros educativos do país. Isto non quere dicir que teñamos que desterrar para sempre os exercicios dos libros de texto, senón que, se consideramos que unha actividade non vai a funcionar porque é demasiado liosa ou non serve para acadar os obxectivos que nós temos en mente, é recomendable modificalo na medida que sexa necesario para adaptala, sobre todo, ás necesidades do noso alumnado. Ademais, estas actividades tediosas do libro podemos propoñelas como exercicios de repaso das unidades como traballo e tarefas para casa de deberes. É un xeito de aproveitar de mellor maneira o tempo na aula, por exemplo, para practicar a destreza oral ou esclarecer dúbidas básicas. 
Como consello, Ana recomendounos tamén que non nos guiemos pola gramática do libro: ela non explica a gramática na clase, senón que presenta e propón os exercicios e así ca práctica xa aprenden a teoría. Un truco que penso que pode funcionar moi ben e que aplicarei de seguro o día de mañá se consigo ser docente é centrar a unidade na temática en lugar de na gramática, como se fixo ata o de agora. 

Como conclusión, pódese dicir que os libros de textos conforman unha base importante na aula no sistema educativo no que estamos acostumados a vivir, mais podemos ofrecer moitas outras alternativas como complemento e culminación dos obxectivos que queramos acadar. 

Por último, comentarei un artigo que Ana nos mandou ler sobre a tecnoloxía na educación, escrito por Russell Stannard. A tecnoloxía é unha temática moi controvertida e máis aínda no ámbito da educación empregándoa con adolescentes, porque como xa sabemos, ten infinidade de vantaxes pero tamén os contras son moitos e, algúns, perigosos. En calquera caso, e como colofón final, debemos ter claro que a tecnoloxía é unha ferramenta que, como todo, ten que ser empregada dentro duns límites, normas e disciplinas. Se sempre é así, sacaráselle o máximo partido.

Comentarios

  1. Creo que non entendestes ben o obxectivo do tratamento do libro de texto. Precisamente foi mediante o tema da comida sobre o que fixen xirar a unidade didáctica, non sobre os exercicios para sacar a gramática. Recorda, os exercicios se encuadran dentro das actividades, esatas a súa vez dentro das tarefas...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares