Reflexión debate final

Na última sesión da materia de didáctica fixemos un debate conxunto co outro grupo, tratando unha serie de temas que cómpre reflexionar sobre eles para desenvolver o noso labor docente nun futuro: 

- O emprego da lingua materna na aula de linguas estranxeiras.
- Deberes: si ou non. 
- O emprego da tecnoloxía na aula. 

Antes de comezar a debater sobre estes controvertidos temas, comezamos a clase cun warm-up chamado "The Martian", que consistía en traballar por parellas e explicar a un suposto marciano (un dos compañeiros) que significado tiña cada unha das palabras que non "entendía", poñéndoo así nun aprieto. Esta actividade sírvelles para practicar a destreza oral e, especialmente, a capacidade de improvisación que tan importante é no día a día. 

A continuación, xa cos grupos de debate creados, comentamos que calidades debería ter un bo profesor. En xeral, penso que todos os grupos tivemos unha idea similar de como debería ser esta importantísima figura. Un fantástico profesor é aquel que é comprensivo, empático, que saiba moito pero que, sobre todo, saiba transmitilo, que sexa divertido, que se preocupe do seu alumnado, que cree confianza, que sexa esixente, disciplinado e traballador, que innove e que nunca nunca nunca deixe de aprender. No noso grupo eramos conscientes de que é moi fácil dicir isto sobre o papel, polo que esperamos que cando nos toque entrar en acción, sexamos quen de ser esa imaxe idílica de docente co que todos soñamos. 

A continuación, comezamos o debate co tema de se é preciso empregar a lingua materna na aula das linguas estranxeiras. Todas coincidimos en que deberíamos empregar en todo o momento a lingua estranxeira na nosa aula, xa que deste xeito ampliamos a exposición ao idioma exponencialmente. Deste xeito, tamén poderán mellorar os seus resultados finais. No caso de que non entendesen algo, poderiamos explicalo doutro xeito, con exemplos, con xeralizacións, sinónimos e unha infinidade de estratexias máis. No último dos casos, se vemos que non son quen de comprendernos, poderiamos optar a unha tradución directa, pero soamente nun caso totalmente extremo. 

O segundo tema de discusión foi se é preciso mandar deberes aos rapaces. No noso grupo tamén coincidimos en que si que é preciso facer uso das tarefas na casa para adiantar e, sobre todo, afianzar os coñecementos traballamos na aula. Obviamente, todas opinamos que a carga de traballo non debería exceder un límite, xa que os rapaces tamén teñen dereito a descansar e adicar o seu tempo libre a actividades de lecer, como o deporte, que tan importante é e ao que non se lle da nada de relevancia hoxe en día. Deste xeito, chegamos á conclusión de que como deberes poderían facer algún tipo de exercicio máis mecánico para afianzar os contidos explicados na clase e así poder seguir avanzando satisfactoriamente. 

E, por último, tratamos a temática da tecnoloxía na aula. Penso que esta é unha cuestión que nos preocupa a todos xa que seremos docentes de rapaces que naceron cun móbil ou cunha tablet baixo o brazo e están acostumados a pasar os seus días pegados á tecnoloxía. Na miña opinión, a tecnoloxía é un recurso fundamental nas aulas actuais, máis sempre dentro duns límites e disciplinas que nós lle impoñamos ao alumnado, obviamente. Como dicía Aristóteles, no punto medio está a virtude. Debemos atopar este punto medio na nosa aula e sacarlle o máximo partido posible, como en todo o que facemos. 


Para rematar, gustaríame darlle moitísimas GRACIAS tanto a Luz como a Ana polas horas adicadas, a paixón, a motivación, as ganas de seguir e a enerxía que nos transmitiron desde o minuto un que estiveron con nós. A partir de agora, só teño vontade e gañas de comerme o mundo, de cometer errores e, sobre todo, aprender deles, gañar confianza, seguridade e experiencia para mellorar a miña propia versión e tentar ser, canto menos, a metade de boas docentes do que son elas. 

Let's continue this amazing travel with A T T I T U D E. 


Comentarios

  1. Esa é a actitude! É a única que podemos ter para estar sempre aprendendo. Boa sorte nas prácticas.

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias polas túas palabras. Foi un pracer tentar transmitirvos o que no teu caso parece que conseguimos. Non perdas as forzas. Moita sorte!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares