5. Diario: As programacións didácticas vixentes
Como se
comentou na entrada de Dosier deste tema 5, a temática das
programacións didácticas preocúpanos enormemente aos futuros docentes de hoxe
en día, sobre todo para conseguir aprobar as tan temidas oposicións. Nesta
entrada, exporase de xeito breve e preciso algunhas nocións básicas que cómpre
coñecer sobre as programacións didácticas antes de somerxerse neste caótico
mundo.
En
primeiro lugar, débenos quedar moi claro a definición de programación
didáctica. Trátase dun conxunto de decisións adoptadas polo profesorado dunha
especialidade nun centro educativo, ao respecto dunha materia ou área e do
nivel no que se imparte, todo isto no marco do proceso global da
ensinanza-aprendizaxe. Ademais, tamén temos que ter en conta que esta fase de
planificar a acción docente é imprescindible e primordial para realizar con
éxito o noso labor.
A
continuación, tamén se poden comentar as fontes que influirán de xeito decisivo
na elaboración da nosa programación didáctica:
• A fonte epistemolóxica: ten en conta as características e os fundamentos do saber. É a fonte que historicamente foi máis influínte.
• A fonte sociolóxica: ten en conta as características da sociedade e aspectos fundamentais da súa organización e dinámica.
• A fonte pedagóxica: ten en conta as aplicacións didácticas, a práctica educativa e as finalidades da educación.
• A fonte psicolóxica: ten en conta as características dos suxeitos, do seu momento evolutivo e de como debe ser a aprendizaxe.
• A fonte epistemolóxica: ten en conta as características e os fundamentos do saber. É a fonte que historicamente foi máis influínte.
• A fonte sociolóxica: ten en conta as características da sociedade e aspectos fundamentais da súa organización e dinámica.
• A fonte pedagóxica: ten en conta as aplicacións didácticas, a práctica educativa e as finalidades da educación.
• A fonte psicolóxica: ten en conta as características dos suxeitos, do seu momento evolutivo e de como debe ser a aprendizaxe.
En xeral, unha programación didáctica ten que ter as seguintes características: adecuación, concreción, flexibilidade e viabilidade. En primeiro lugar, temos a adecuación, que se refire a que a programación debe axustarse a un determinado contexto, como o entorno social e cultural do centro, as características do alumnado ou a experiencia previa do profesorado. En segundo lugar, temos a concreción, isto é, a programación debe concretar un plan de actuación que se leve a cabo na aula para que resulte un instrumento realmente útil. En terceiro lugar, está a flexibilidade, que é imprescindible xa que poden xurdir cambios sobre a marcha e, deste xeito, grazas a esta característica non se bota a perder o resto dos contidos planificados e concretados. E, por último, a viabilidade, xa que a programación debe ser realista, axustable e aplicable ao contexto no que imos traballar.
Ademais, os elementos dunha programación son, grosso modo, a xustificación teórica, a contextualización, os obxectivos, os contidos, a metodoloxía, os criterios e os instrumentos de avaliación e a atención ás necesidades educativas específicas.
Algunhas das funcións que ten unha programación son analizar o problema e tratar de describir con precisión os resultados que se desexan acadar, elixir os instrumentos, recursos e materiais necesarios para acadar os obxectivos, fixar unha temporalización para a realización das accións docentes e, por último, pero non por iso menos importante, controlar, analizar e avaliar os resultados, para repetilo ou non nun futuro.
Polo
tanto, despois de tratar estas nocións básicas sobre as programacións
didácticas e xunto cas prácticas feitas na aula co profesor e que se comentaron
na anterior entrada de Dosier do tema 5, quédanos máis claro como
se desenvolve a tarefa de elaboración dunha delas. Ademais, tamén é
imprescindible ter en mente o importante que é este aspecto da acción docente xa
que nos axuda a levar o noso labor moi ben organizado.
Comentarios
Publicar un comentario