7-8. Diario. Metodoloxías en Europa e no mundo

Como se explicou na entrada de Dosier destes temas 7 e 8, as temáticas tratadas son tanto a análise doutros sistemas educativos de Europa e do mundo así como as diferentes metodoloxías aplicables ao ensino de linguas estranxeiras. Dentro do tema 7, un aspecto que me chamou moito a atención foi o Informe PISA, que se corresponde cas súas siglas en inglés de Programme for International Students Assessment ou, en galego, Informe do Programa Internacional para a Avaliación de Estudantes. Este estudo lévase a cabo pola OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos) a nivel mundial que mide o rendemento académico dos alumnos en matemáticas, ciencias e comprensión lectora. O seu obxectivo é proporcionar datos comparables que posibiliten aos países mellorar as súas políticas de educación e os seus resultados. Este exame ten lugar cada tres anos e no último informe participaron 62 países e en cada país foron examinados entre 4500 e 10 000 estudantes. 

Grazas a estes resultados, como se dixo, pódense tomar medidas para mellorar aqueles aspectos negativos do noso sistema educativo que se atopa no posto 35 e así, por fin, acadar resultados máis satisfactorios. Para isto, tamén se poden analizar outros sistemas educativos de éxito, como pode ser o de Finlandia, que comentou na súa presentación a nosa compañeira Ruth, e tomalo de exemplo para mellorar. Algunhas destas claves de éxito son que en Finlandia a educación é totalmente gratuíta, non están permitidos máis de 24 alumnos por clase, a profesión de docente está extremadamente ben considerada e valorada, non existen os alumnos repetidores e cando se detecta un alumno con problemas se lle asigna un profesor inmediatamente de apoio e amplíanse as horas de clase ata que acada satisfactoriamente os obxectivos. Ademais, co que respecta ás linguas estranxeiras, Finlandia tamén conta con moi bos resultados, xa que o 99 % do alumnado domina perfectamente unha lingua estranxeira grazas, por exemplo, a que non se opta pola dobraxe de películas ou series, senón que se subtitulan. 

Como conclusión do tema de comparativas dos sistemas educativos, pódese dicir que é interesante reflexionar acerca das diferentes medidas a levar a cabo para así mellorar os resultados académicos, e aínda máis se tomamos como modelo a seguir un sistema de éxito como o de Finlandia. 

Por outra banda, o tema 8 que se basea nas diferentes metodoloxías para o ensino de linguas estranxeiras pareceume tamén moi interesante debido ao descoñecemento que tiñamos sobre esta temática. Así, deste xeito, xa non só saberemos mencionalos senón que tamén coñeceremos en que consiste cada un deles para así aplicalos no noso futuro laboral. Entre eles, podemos destacar o método gramática-tradución, o método directo e natural, o método oral-situacional, o traballo por tarefas, o método audiolingüe, o método comunicativo, o método do silencio ou a suxestopedia, entre outros. 

Deste xeito, pódese afirmar que é imprescindible coñecer esta variedade de metodoloxías para valorar aquelas que nos poidan ser útiles para a súa aplicación nas aulas e, tamén, rexeitar aquelas cas que consideramos que o alumnado non acadará os obxectivos previstos, nin se motivará e, polo tanto, non conseguirá resultados académicos óptimos. Debemos ter sempre en mente que o cambio comeza en nós, e para isto vénnos á perfección unha cita da antropóloga, economista e analista da ONU Christiana Figueres


Nun primeiro momento, esta cita empregouse para falar das medidas que se debían tomar para frear o cambio climático pero tamén pode ser perfectamente aplicable ao campo da educación. Desta maneira, debemos pensar globalmente pero facer o cambio na nosa contorna para así poder acadar o cambio que tanto desexamos: o primeiro paso témolo que dar nós e, pouco a pouco, conseguiremos todo aquelo que nos propoñamos. 

É interesante coñecer diferentes sistemas educativos e metodoloxías europeas e do mundo debido ao fenómeno da globalización que hoxe en día tinxe tódolos ámbitos da nosa vida cotiá: dende a educación, pasando pola economía e rematando por tódolos medios de comunicación. Non debemos esquecer fomentar nas nosas aulas a diversidade cultural que tanto pode enriquecer ao noso alumnado. 


Comentarios

  1. Hola Vera;

    quería felicitarte por tu entrada. Estoy completamente de acuerdo contigo en la reflexión final que haces sobre los cambios que se deben hacer. Como bien dices, gracias a encuestas como el informe PISA podemos observar si nuestro sistema educativo funciona realmente y que sistemas educativos funcionan mejor que el nuestro. Es cierto que debemos tener en cuenta que un sistema educativo puede funcionar en un país pero fracasar completamente en otro y que todos los países tienen diferentes metodologías que obtienen diversos resultados.

    Un saludo,

    Raquel

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Boas, Raquel! Moitas grazas por ler a miña entrada.

      Totalmente de acordo con ese aspecto de diversidade que mencionas con respecto ás diferentes metodoloxías e a súa aplicación dependendo do país ou do sistema educativo.

      Un saúdo e feliz ano!

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares