4. Dosier: O deseño curricular
Con esta entrada, dámoslle a benvida a unha serie de
entradas baixo a etiqueta de «dosier», no que se presentarán os resultados
finais das tarefas realizadas na aula da materia «As linguas estranxeiras no
contexto español e internacional» impartida polo docente Gonzalo Constenla. A
sesión que se vai comentar a continuación é a do día 28 de novembro, a primeira
clase con Gonzalo, polo que unha primeira parte de clase dedicouse á
presentación do docente, os contidos que impartiría, os traballos que
deberiamos realizar e, por último, os métodos de avaliación.
Para comezar propiamente a clase, propúxonos unha
actividade de debate chamada «a pirámide». Esta tarefa consiste nunha
actividade de fala na que, para comezar, só falan de dous en dous, despois
xúntanse dous grupos de dous e falan catro, despois xúntanse dous grupos de
catro e falan oito, e así sucesivamente creando grupos máis e máis grandes ata
chegar a debater a aula ao completo. Neste caso, a tarefa que se nos encomendou
foi debater sobre cal opinabamos que era o tema máis importante e interesante
da materia que nos faltaba por ver. As opcións eran as seguintes:
- O deseño curricular.
- As programacións didácticas vixentes.
- Seccións bilingües e plurilingües. Metodoloxía CLIL/AICLE. Os proxectos lingüísticos de centro (PLC).
- Metodoloxías en Europa e no mundo.
- O deseño curricular.
- As programacións didácticas vixentes.
- Seccións bilingües e plurilingües. Metodoloxía CLIL/AICLE. Os proxectos lingüísticos de centro (PLC).
- Metodoloxías en Europa e no mundo.
No grupo de dous, decidimos que o tema máis interesante e
útil para nós como futuros docentes era o das programacións didácticas vixentes,
xa que pensamos que é imprescindible controlar a elaboración destas
programacións para sacarlle o maior proveito posible ao tempo que temos para
impartir os contidos que nos obriga a lei. Así mesmo coincidiron e pensaron as
outras dúas compañeiras coas que debatemos na seguinte etapa da tarefa. Sen
embargo, cando chegamos a etapa de debate na que participabamos oito persoas (a etapa previa ao debate común de toda a aula) xa apareceron os primeiros desacordos, xa que algunhas
das nosas compañeiras opinaban que o tema máis importante era coñecer as
metodoloxías que están vixentes e se empregan noutros sistemas educativos de
éxito de Europa ou do mundo. Cando chegamos ao debate final con toda a clase,
comparamos todas as nosas opinións e nutrímonos de todas e cada unha das
diferentes ideas e argumentos que cada un de nós expresou. Pareceume unha
actividade útil na que o alumnado non só desenvolve as súas capacidades
cognitivas, senón que tamén desenvolven as súas capacidades sociais ao estar en
continuo contacto e debate cos compañeiros. Ademais, tamén se fomenta o
espírito crítico e o respecto, xa que é posible defender as propias ideas con
duros argumentos pero sempre sabendo respectar a opinión do compañeiro.
A continuación, realizamos unha tarefa que foi a previa
para a seguinte que realizariamos: en grupos de 4 debatemos algúns puntos
principais do tema 4 relativo ao deseño curricular, como a definición de
currículo, os elementos curriculares ou as competencias do currículo. Isto deu
pé a refrescar a memoria con respecto a estes conceptos, coma unha avaliación
inicial, para continuar de seguido cunha actividade na aplicación Kahoot!.
Kahoot! trátase dunha aplicación gratuíta que permite crear cuestionarios nos
que o docente actúa como moderador e o alumnado cos seus dispositivos móbiles contesta
ás preguntas pertinentes. Este recurso gamificante
permite que o alumando aprenda xogando, facendo máis amena e divertida clase e
aumentando a súa motivación para así tentar gañar. Ademais, tamén é un xeito de
fomentar a cooperación e o traballo en equipo, xa que a aplicación permite o
modo equipo. Persoalmente, pareceume unha forma máis divertida e diferente de
repasar todos os conceptos relativos ao currículo e, por suposto, moito mellor
que o emprego de outras técnicas menos participativas e activas.
Despois, fixemos
unha actividade conxunta entre todos en Google Docs, no que o docente repartiu
a cada grupo de traballo un punto fundamental dos contidos para cubrir no
documento. Estes contidos tamén eran relativos ao tema 4, no que se fala do
deseño curricular, máis concretamente das linguas estranxeiras no contexto da
LOMCE. Deste xeito, tamén se fomentou o traballo cooperativo e en equipo para
despois comentar toda a aula en común cada un dos puntos.
E, por último,
para rematar as actividades deste tema 4, volvemos empregar a aplicación
Kahoot! para traballar a temática do currículo das linguas estranxeiras nas
ensinanzas de réxime especial, é dicir, as Escolas Oficiais de Idiomas e con
ela, aprendemos moitísimo acerca delas no caso de que no noso futuro queiramos
dedicarnos a este ámbito tan amplo e interesante.
En conclusión,
pareceume unha clase moi divertida, diferente e interesante, debido ás
innovacións aplicadas na metodoloxía. Deste xeito, estivemos tratando moi en
profundidade o tema do deseño curricular, adquirindo e aprendendo os conceptos
pertinentes e fundamentais case sen darnos conta, dun xeito participativo,
activo e, sobre todo, motivador.
Algúns enlaces de interese:
- https://www.teachingenglish.org.uk/article/pyramid-discussion
- https://kahoot.it/
- https://www.teachingenglish.org.uk/article/pyramid-discussion
- https://kahoot.it/
Comentarios
Publicar un comentario