2. Dificultades do ensino das linguas extranxeiras
Como sabemos, ser docente hoxe en día non é unha tarefa
sinxela de coser e cantar, xa que require de moito interese, esforzo, ganas,
vontade e duro traballo para alcanzar os obxectivos que queremos para con o noso
alumnado e sacarlle o máximo partido ao seu potencial. No contexto aula o
docente de lingua estranxeira pódese atopar con diferentes dificultades. En
primeiro lugar, poden xurdir problemas e limitacións da situación actual, como
as expectativas dos obxectivos fixados tanto pola Unión Europea como pola
Estado español no proceso de converxencia: mobilidade, desenvolvemento
tecnolóxico, calidade, multilingüismo e plurilingüismo. De seguido, tamén poden
xurdir problemas como resultado da idade e madurez do alumnado da Educación
Secundaria Obrigatoria, así como da situación familiar e os desequilibrios
económicos e sociais que se poidan dar de xeito individualizado. Esta última
dificultade constitúe un factor clave para o propio benestar e motivación do
alumnado para que sexan capaces de sacarlle o máximo partido posible á súa
etapa educativa, por iso é imprescindible traballar conxuntamente cas familias
e axudar ao alumno na medida que nos sexa posible como docentes. Tanto os
problemas de saúde como as dificultades de aprendizaxe ou situacións de
diversidade funcional tamén poden ocasionar dificultades á hora de desenvolver
a acción docente. Ademais, a necesidade de conseguir resultados externos
contrastables nun contexto competitivo, as condicións do mercado de traballo
que demandan un coñecemento práctico e eficaz dunha lingua estranxeira, a
competencia de métodos informais e transversais de aprendizaxe de linguas e a
presión doutros bloques lingüísticos no contexto do mundo global, poden supoñer
outra serie de problemas ou dificultades no desenvolvemento da función docente.
Por último, tamén se pode comentar o emprego das novas tecnoloxías como
dificultade no ensino, xa que existen casos nos que non se dispón de material
ou coñecementos suficientes para desenvolver correcta e satisfactoriamente a
función docente.
Todas estas dificultades poden supoñer un desafío e un
reto para todo docente, pero quizás unha das problemáticas que máis preocupa a
un novo profesor sexa a idade e a madurez do alumnado da etapa educativa da
Educación Secundaria Obrigatoria. Neste período vital, os adolescentes sofren unha
serie de cambios tanto físicos como cognitivos que influirán no seu
desenvolvemento educativo e que, por suposto, os docentes temos que ter en
conta. Algúns destes cambios na súa dimensión cognitiva son, entre outros, que
cambian o xeito de procesar a información, o desenvolvemento do pensamento
formal, o desenvolvemento do pensamento hipotético-dedutivo, o desenvolvemento
da metacognición e, por último, acontece a poda sináptica¾isto é, elimínanse conexións sinápticas entre neuronas
para así aumentar a concentración en tarefas que requiran unha maior complexidade.
Todos estes cambios poden supoñer aspectos positivos que
poderemos aproveitar para a adquisición de competencias e o desenvolvemento do
seu proceso educativo. Non obstante, esta evolución na vida e conformación da
personalidade do adolescente, poden carrexar aspectos negativos que poden
repercutir no contexto aula. Os adolescentes adoitan atopar defectos nos seus
pais e noutras figuras de autoridade, como neste caso pode ser o docente, ten
tendencia a discutir e a estar en desacordo continuamente, pensan que a familia
non os entende, senten indecisión continua, e ocorre a exaltación da audiencia
imaxinaria e a fábula persoal.
Ante esta problemática, pódense adoptar diferentes
actitudes para emendar ou tentar solucionar as posibles situacións conflitivas
que poidan darse na aula debido a estas conductas adolescentes. A actitude do
docente ten que ser flexible, sempre dependendo do caso individual do que se
trate, pero, de xeito xeral, pode adoptar unha actitude de escoita, proximidade
e comprensión ante o alumno. Desta maneira, trataremos de que o alumnado non
estea á defensiva e darémoslles a entender que estamos para axudalos no que
necesiten. Ademais, outra posible solución aplicable na aula pode ser o emprego
das novas tecnoloxías para así sacalos da rutina e monotonía da metodoloxía de
sempre e, deste xeito, fomentar as súas ganas e motivación.
Aínda que, como vimos, existen diferentes dificultades e
problemas que poden afectar á función docente, algunhas poden ser máis ou menos
importantes dependendo do grao no que acontezan ou dependendo tanto do «suxeito»
como do «predicado». É imprescindible traballar ca problemática da idade e da
madurez debido á etapa evolutiva e cambiante que están a vivir o noso alumnado,
xa que están evolucionando cara a persoa formada e educada que van a ser o día
de mañá. Nós como docentes seremos un factor determinante para axudalos a
crecer día a día e conformar satisfactoriamente a súa personalidade.
- Carretero, M. y León J. A. (1990). Desarrollo cognitivo y aprendizaje en la adolescencia. En Palacio, J. (comp.), Marchesi, A. (comp.) y Coll, C. (comp.), Desarrollo psicológico y educación (vol. I, 311-326). Madrid: Alianza Editorial. [consultado o 3 de decembro 2017]. Recuperado de: https://mcesuvaq.files.wordpress.com/2013/08/8-desarrollo-cognitivo-y-aprendizaje-en-la-adolescencia.pdf
- Lara, J. M. (1996). Adolescencia: cambios físicos y cognitivos. Ensayos: Revista de la Facultad de Educación de Albacete, 11, 121-128. [consultado o 3 de decembro 2017]. Recuperado de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2282696
- Pérez, J. (2010). Los profesores de lenguas extranjeras ante el reto de la globalización. Centro Virtual Cervantes. [consultado o 3 de decembro 2017]. Recuperado de: https://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/aepe/pdf/congreso_45/congreso_45_46.pdf
Bonito blog Vera! Estoy de acuerdo contigo en que uno de los problemas al que como docentes nos enfrentaremos es la madurez de nuestros alumnos ya que trabajaremos con ciclos complicados en los que las hormonas y el entorno tienen un papel fundamental. Sin duda una mayor implicación de las familias tendría un efecto positivo ya que trabajando en equipo los resultados siempre son mejores. Feliz año!
ResponderEliminarMoitas grazas por adicar un anaquiño do teu tempo en ler o meu blog, Zara. Nin as hormonas poderán con nós. Feliz ano para ti tamén!
Eliminar