7-8. Dosier. Metodoloxías en Europa e no mundo

Chegamos ao fin da materia de «As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional» co tema 7 titulado «O ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras en países da nosa contorna» e co tema 8 titulado «As linguas estranxeiras como fenómeno global: experiencias educativos non europeas». Debido á falta de tempo que tiñamos para traballar estes dous últimos temas, traballamos estes aspectos cas presentacións dos nosos compañeiros. 

A primeira das presentacións correspondentes ao tema 7 foi a de Marian, que falou do Estudo Europeo de Competencia Lingüística (2011). Con esta presentación quedounos claro o motivo de por que se levou a cabo, que países participaron, que probas se levaron a cabo e os resultados obtidos por países. Un dato curioso é que España aparece con mellor nivel de segunda lingua estranxeira que na primeira e quizás isto débese a que a segunda escóllese de xeito voluntario, polo que a motivación é maior no alumnado. 

A segunda presentación foi a de Ruth, que tratou a comparativa do sistema educativo español co de outros países, como Finlandia, que considérase como o sistema educativo modelo por excelencia grazas aos seus excelentes resultados académicos. Algúns datos salientables deste sistema educativo poden ser que en Finlandia a profesión de docente está extremadamente bo considerada e, polo tanto, tamén ten unha esixencia e responsabilidade maior, así como a importancia que ten a igualdade de todos os cidadáns e o fomento da lectura e da non dobraxe do material audiovisual que chega ao país. 


As dúas seguintes presentacións foron a de Miriam, que tratou o sistema educativo de Corea del Sur, e a de Pablo, que tratou o sistema educativo en Xapón. Estes países teñen en común excelentes resultados, mais someten ao alumnado a enormes niveis de estrés, ansiedade e sacrificio. Con estas presentacións rematamos de falar dos sistemas educativos de diferentes países. 

Para continuar co seguinte tema 8, xa máis centrado nas diferentes posibles metodoloxías, Raquel explicounos moi claramente unha comparativa entre o método gramática-tradución e o método directo. Primeiramente, explicou un e outro independentemente, para facer a comparativa a continuación e estipular así as vantaxes e contras de cada un deles. 

Antes de continuar cas presentacións, Gonzalo propuxo unha actividade ca técnica puzzle de Aronson, que xa traballaramos con anterioridade noutra materia. A tarefa consistiu en que en grupos de cinco tiñamos que observar unha unidade dun libro de idiomas. Cada membro do grupo debía fixarse nun aspecto determinado (recepción, produción, gramática, léxico ou fonética e entoación) e facer un breve resumo establecendo que tipo de actividades había, cantas ou en que lugar estaban situadas. A continuación, comentamos co noso grupo as nosas observacións e, despois, as persoas que trataban o mesmo aspecto de diferentes grupos, tiñan que comentarlle ao resto as súas anotacións. Finalmente, a totalidade da clase comentou os aspectos positivos e negativos de cada libro de idiomas co que traballamos. 

Continuando cas presentacións, Natalia expuxo o método do silencio. Ilustrounos para comezar cunha actividade baseada neste método para unha mellor comprensión. Esta actividade consistiu en que o docente quedou nun segundo plano deixando así aos alumnos descubrir a correcta pronuncia dos verbos irregulares en inglés. 

Por último, María presentou o método de aprendizaxe por proxectos ou tarefas, que xa coñecemos a fondo desde que comezamos este Mestrado. Debido a este factor, decidiu comprobar se este método é posible empregalo nunha escola de idiomas. O resultado foi modificar e reducir os proxectos a pequenas tarefas que se poidan realizar nunha ou dúas sesións, xa que ao non ser a asistencia obrigatoria, non lle permite ao docente planificar un bo proxecto que se leve a cabo satisfactoriamente. 

Como conclusión, pareceume que o xeito de expoñer así a última sesión foi moi produtiva e, aínda que foi todo moi rápido, quédome ca sensación de ter tocado os aspectos e temáticas máis salientables sobre as linguas estranxeiras e os métodos que se empregan para o seu ensino en países veciños coma en todo o mundo. 


Comentarios

Entradas populares