4. Diario: O deseño curricular
O tema 4, como se explicou na anterior entrada de Dosier,
versa sobre a teoría do deseño curricular, tanto da súa definición, dos seus
elementos, das competencias básicas, dos graos de concreción curricular, e da temática
do ensino das linguas estranxeiras tanto en Educación Secundaria Obrigatoria,
Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Réxime Especial, coma as
Escolas Oficiais de Idiomas.
Toda esta teoría pode parecer irrelevante, pero nada máis alá da realidade: todo este contido serviranos para levar a cabo con éxito o noso labor como docentes. É imprescindible ter en conta o currículo para saber que contidos debemos impartir na aula e que competencias básicas debe desenvolver o alumnado para considerar que acadou triunfalmente os obxectivos preestablecidos.

Chegados a este punto, é destacable que hoxe en día
trabállase co aprendizaxe baseado en competencias, como estipula a Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a
mellora da calidade educativa (LOMCE). O deseño destas competencias básicas
teñen como obxectivo ofrecer unha educación máis individualizada, flexible, ao
ritmo do alumnado, cun maior control no progreso de aprendizaxe e unha maior
centralización nas necesidades do alumnado.
Algunhas das características básicas das competencias básicas son as seguintes:
- Transferibles. Poden aplicarse a múltiples contextos e situacións para conseguir distintos obxectivos, resolver situacións ou problemas variados e realizar diferentes tipos de traballos.
- Transversais e interdisciplinares. Pódense dar en diferentes áreas e materias curriculares xa que non son exclusivas.
- Integradoras. Combinan coñecementos (saber), destrezas (facer) e actitudes (querer).
- Dinámicas. Poden desenvolverse ao largo de todo o ciclo vital.

Este modelo elimina o modelo tradicional co que os
docentes estaban acostumados a traballar, onde a memorización de información,
moitas veces irrelevante para a vida real, constituía os seus cimentos básicos.
Pola contra, aprender competencias permite a súa aplicación non solo no ámbito
académico, senón tamén no seu futuro laboral como traballadores profesionais e
cidadáns éticos das novas sociedades que se queren constituír no mundo
globalizado no que vivimos hoxe en día.
Ademais, traballar por competencias permite un marco de
actuación moi activo e participativo, e o alumnado pasa de ser un mero receptor
a ser o propio protagonista do seu propio aprendizaxe. Isto carrexa infinidade
de aspectos positivos, entre eles unha maior motivación, unha maior autonomía e
unha maior ansia de coñecemento, mellorando proporcionalmente deste xeito a
porcentaxe de éxito.
Como conclusión, pódese afirmar que ter un coñecemento
completo e actualizado do que dita a lei vixente en cada momento cos obxectivos
estipulados é imprescindible para desenvolver con éxito os nosos labores
docentes, así como controlar o mellor xeito de aplicar a lei ás nosas unidades
didácticas. Ademais, tendo en conta isto, tamén é importante que innovemos e
poñamos en práctica novas metodoloxías na aula, tanto mediante o emprego das
novas tecnoloxías coma doutros moitos recursos e ferramentas.
Deixo a continuación un breve vídeo explicativo que pode
axudar a comprender mellor que son as competencias básicas das que se fala
nesta entrada:
Graciñas, Vera pola túa entrada. Pareceume moi interesante e clara. Considero que aínda quedan moitas cousas por facer pero sen dúbida, estamos camiñando cara adiante. O que queda claro é que se necesita unha boa organización (currículo), estar actualizado constantemente (nova metodoloxía) e sobre todo, a participación de toda a comunidade educativa e unha forte motivación por aprender e acadar os obxectivos.
ResponderEliminarMoitas grazas por adicar un anaquiño de tempo en pasarte polo meu blog e pola túa aportación, María! De seguro pouquiño a pouco conseguiremos todo o que nos propoñamos.
Eliminar